Pistoletazo de saída en Pontevedra a unha nova edición de PonteAndadas

PONTEVEDRA CIUDAD

CONCELLO DE PONTEVEDRA

O percorrido deste domingo ten como protagonista a parroquia de Santo André de Xeve

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo arranca unha nova edición, a sétima, de PonteAndadas cunha andaina que ten como protagonista a parroquia de Santo André de Xeve. Trátase dun percorrido de dificultade media-baixa e unha duración aproximada de tres horas, precisaron dende o Concello de Pontevedra, ao tempo que sinalaron que, previo un quecemento con zumba, a saída está prevista ás 10 horas dende o paseo fluvial do río dos Fontáns.

É preciso realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico ponteandadas@gmail.com, no teléfono 625 482 636 ou de xeito presencial nas Galerías Peregrina, número 3. Este proceso ten un custo de 2 euros para pagar o seguro da actividade.

Engadiron que «andar é unha das ferramentas máis utilizadas á hora de exercitar o corpo e os roteiros de PonteAndadas son xa unha serie de citas imprescindíbeis e máis que coñecidas entre todos os que gustan deste tipo de andainas». Máis de 1.400 persoas participaron o ano pasado nesta actividade e a organización agarda con manter ou superar as cifras nesta edición.

Este ano a organización facilitará aos participantes bolsas e luvas para recoller o lixo que atopen durante o percorrido —en caso de querer facelo—.