Un libro recupera o histórico Festival de la Canción Gallega de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Carme Tubío Barreira e Carlos Villar-Taboada presentarán a publicación no Museo de Pontevedra

16 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá, ás 19.30 horas, un coloquio concerto no que se presentará o libro Cancións Galegas do Festival de Pontevedra, vol. 1, dos doutores Carme Tubío Barreira e Carlos Villar-Taboada. A obra forma parte dun proxecto máis amplo que pretende a recuperación dun repertorio que permaneceu inédito dende a súa estrea no marco do Festival de la Canción Gallega de Pontevedra que se celebrou na cidade do Lérez entre 1960 e 1967. Deste xeito, este volume está conformado por composicións de Manuel Parada, Lluís Millet e Jose Buenagu que puxeron en música textos de Filgueira Valverde, Pura Vázquez e Fernández-Oxea.