Aínda que no plano cultural o epicentro sitúase no Culturgal, Pontevedra e a súa contorna ofrecen unha serie de alternativas.
Pontevedra
Hoxe • 19 horas • Subdelegación do Goberno • O subdelegado Abel Losada presenta ao catedrático de Historia e decano da Facultade de Historia do campus de Ourense, Xulio Prada, quen ofrecerá a conferencia A represión franquista sobre as mulleres da provincia de Pontevedra. Acto en colaboración co Comisionado polos 50 anos de España en Liberdade.
Marín
Hoxe • 20 horas • Ateneo Santa Cecilia • Manuel Currás Meira, Meiriña, Guillermo Meijón Couselo, Carmen Sangüos Espiñar, participan na mesa redonda 50 anos da Democracia. Estará moderada por Manuel Méndez Fraguas.
Marín
Hoxe • 20 horas • Biblioteca • O doutor Fernando Ponte Hernando abordará a vacinación nas Xornadas Blanco Freijeiro.
Bueu
Hoxe • De 11 a 22 horas • Carpa de As Lagoas • Durante toda a fin de semana, o Concello organiza un Mercado de Nadal con máis dunha trintena de establecementos de comercio, produción local, artesanía e no que tamén haberá opcións gastronómicas diversas co obxectivo de contrarrestar o Black Friday e ofrecer alternativas de compra na vila. Ademais, esta tarde está programado un concerto de Lucía Lugrís e Rubén Azanza a partires das 19 horas.
Bueu
Hoxe • 19 horas • Centro Social do Mar • Presentación de Supersanos por Manuel Viso. Estará acompañado por Lucía Camba quen, ademais de ser a súa esposa, é unha coñecida formadora e divulgadora no ámbito da educación infantil. O evento está organizado pola Libraría Miranda.
Poio
Hoxe • 17 horas • Biblioteca • Proxección de Cantando baixo a chuvia.