-A cuberto! -Dixo un dos meus compañeiros da árbore. -Vén o gato!
Non fixen caso, pensei que non pasaría nada e seguín a xogar ó pilla-pilla co meu irmán.
-Fillos, vide axiña! -rifounos a nosa nai.
Meu irmán foi, en cambio eu, quedeime, revoloteando as miñas ás rapidamente, ata que... Sentín unha poutada e caín ó chan.
Puiden ver como me collía e me metía dentro da casa de Eli, unha nena moi riquiña que sempre nos daba de comer a min e ós meus compañeiros da árbore, que estaba situada no seu xardín. Guindoume na alfombra gris da entrada, e ó instante apareceron Eli e os seus pais.
Vin, cos ollos entrepechados, ó seu pai correndo cara á cociña, e á súa nai apañando xornais vellos. Tamén oín a Eli chorar e ó gato asasino miañar. Sentín como alguén me collía con coidado entre uns xornais. Sería a nai de Eli? Non o puiden ver, non me quedaban enerxías nin sequera para abrir os ollos. De seguido mergulláronme en auga e o derradeiro que puiden oír antes de entrar nun sono que nunca acabaría, foi a Eli berrando.
-Por que Tuffy, por qué o fixeches?
E durmín.
Olalla García Rey. Estudiante. 13 años. Vigo.