Se hai tres palabras no mundo que fan honra á súa presenza son, dende logo, as de bondadosa, perspicaz e comprensiva.
Bondadosa porque non hai ser no Universo enteiro máis doce, cariñosa e xenerosa con persoas que apenas coñece. Se en algo están de acordo todos os que a viron nalgún momento da súa existencia é que poría a súa propia vida en mans dun completo descoñecido se con iso puidese axudalo.
-Perspicaz porque non dubida nin un instante cando se trata da inocencia ou culpabilidade dos seres humanos. É imposible ocultarlle a verdade, ela nunca erra.
-Comprensiva porque non hai persoa máis audaz e lista cando se trata de ler os sentimentos e de comprender as emocións das persoas.
Só hai unha calidade que lle falta e que todos desexariamos agora mesmo que tivera: a de existir.
María Hermida Fernández. 17 anos. Vigo.