A miña libreria chora de pena

María Hermida Martínez

RELATOS DE VERÁN

07 ago 2023 . Actualizado a las 10:57 h.

¡A miña librería chora de pena! Un día os contos metéronse uns dentro dos outros e pasou todo canto vos vou a contar. Pois ia Pinocho a cabalo dun grilo pola corredoira de Conduzo, a que levaba ao Castelo, e como se fose un fermoso corcel o grilo freou de súpeto e o pobre Pinocho saltou por riba da muralla caendo a carón dun pozo. Moi cerca andaba unha rapaza xogando cos paxaros, era a princesa Branca Neves. Pinocho abriu os ollos coma pratos cando a princesa púxose a cantar unha canción de amor, pero o grilo chamábao, e Pinocho marchou correndo, a princesa viu como se marchaba e pensou: Que príncipe tan mal feito, non paga a pena seguir soñando por un príncipe que semelle un pao.

Branca Neves marchou a correr polo bosque á beira do río, subiu a un monte, alí atopou a Don Quíxote loitando coas aspas dun muíño, asustouse tanto que escapou de novo para o castelo, tanto corría que tropezou nunha pedra do camiño con tan mala sorte que caeu desmaiada.

Cando espertou atopouse cun labrego tan guapo que namoráronse, el colleuna en brazos, levouna a súa casa, que parecía saída dun conto do bonita que era. A princesa sabía moi ben o seu conto e cando o labrego pediulle que casase con el aceitou contenta, no momento que púxolle o anel no seu dedo descubriu que o labrego era na realidade o seu príncipe soñado.

¡Eles foron felices e comeron perdices, pero a miña librería quen ma vai arranxar¡ Eu coma eles necesito ser feliz e comer perdices¡

María Hermida Martínez. 85 anos. A Coruña.