A roda

María Espasandín Domínguez

RELATOS DE VERÁN

07 ago 2023 . Actualizado a las 10:55 h.

Era máis ca unha roda arrimada a unha silveira. Tiña vida. Exercera o seu papel xirando día e noite. Sabía que ía morre alí, fronte ao seu muíño. Distraías vendo entrar e saír á xente coas sacas ao lombo e a chave na man. Botaba de menos aquela auga cantareira e refrescante. A auga da vida. Aínda así, adormecida, soñaba con contarlle as súas vivencias á roda nova, cando chegase.Co paso do tempo as silvas comezaron a taparlle a vista: «Morre e podrece» dicíanlle. «Morrer é parte da roda da vida», pensaba ela cada vez que lle caía un anaco. Aquela tarde asubiou un forte vento, sacudiu a maleza e deixoulle entrever o outro lado do carreiro: Nin homes, nin mulleres. A porta pechada. O muíño cheo de hedras. Quizais a morte era iso: Silencio e asubíos. Ver todo pechado, cuberto de mato. Días, noites, choiva e vento acabaron con ela. Foi caendo. En anacos. No chan,remaches e ferros oxidados. A roda vella do rodicio xa non soñaba. Igual co muíño. Detivérase a roda da vida.

María Espasandín Domínguez. 61 anos. Laxe.