O barco

Begoña Castro González

RELATOS DE VERÁN

CEDIDA

29 ago 2023 . Actualizado a las 10:50 h.

Este o comezo de Toniña, do seu nacemento. Foi un embarazo moi embarazado, unha espera de nove anos en vez de nove meses pero ao fin apareceu Toniña. O seu pai deixou esbarrar a chaqueta do brazo cando dixeron «é unha nena», quería un neno e non coñecería o misterioso acerto que anos mais tarde sería para esbarrarlle todo o traxe.

Ao que vamos, naceu Toniña e bautizouse cun fermosísimo faldrón dos seus primos aínda que non o luciu moito pois era un día de choiva e ía envoltiña nun saco. A nai quedou convalecente na cama. Baralláronse os nomes, a avoa Aurora madriña de Toniña quería poñerlle o seu e a súa tía paterna Dolores tamén mentres que a súa nai Paz como a súa irmá. Para non decepcionaren puxéronlle Begoña pois eles emigraran a Bilbao onde o pai foi barbeiro e a nai costureira e este era o nome da Patroa. Bautizárona así co alcume de Begoña, e digo alcume porque o nome que mellor lle cadraba era Toniña. Ninguén sabía o motivo do nome quizais por o de «Toñita la fantástica» polo imaxinativa xa de cativiña ou por seu pai Antón, o certo é que soaba raro fai máis de trinta anos.

Cando a nova chegou á aldeíña do seu outro avó e dos sete tíos, irmáns da nai, este dixo ¡Begoña, Begoña! que nome é ese, ese é o nome dun barco, e tiña razón. Naquela época había uns barcos moi famosos, o Montserrat, o Monte Umbe e así nome de virxes e lugares ate chegaren ao de Begoña ¡Había un barco na familia! A familia alugou un microbús dende Lugo e foron á Coruña a ver o barquiño. Leváronlle galletas, viño doce, ovos, plátanos, laranxas e mais cousas á parturenta. A parturenta, e dicir, á nai dábanlle viño e cervexa para repoñela axiña.

Pero a cama e as cousiñas da habitación dábanlle voltas así que díxolle ao pai de Toniña, «tómao ti». E o pai ledo bebeuse todo o viño, traído especialmente de Valdepeñas, e Toniña nunca xamais foi quen de probar o viño, xa bastantes voltas e mareos tiña cando a mecían de nena no berce, pois aos nenos non é que lles guste o acaneo é que maréanse como si foran nun barquiño, e a Toniña, e dicir, Begoña, xa lle abondaba co nome.

Begoña Castro González. 60 anos. A Coruña.