05 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Sexamos flor en medio da barullada colectiva á que cada día nos someten. Sexamos flor, miremos dende a miremos e miren dende onde nos miren. Sexamos flor dende a esquina que agocha para ti unha sorpresa. Sexamos flor e deixemos que as demais flores sexan tamén flor. Distintas. Diferentes. Raras. Sexamos flor, medremos onde medremos.
Sexamos flor. Por un mesmo. Por unha mesma. E quen queira de nós. Que sexa antes capaz de recoñecernos en medio da barullada colectiva. Aquela. Da que falaba ao comezo deste escribir ao que nada aspira.Quizais aspira a algo. Que sexa a que ti. Ou ti. Vos sintades flor. Nada máis.
Manuel Iglesias Nanín. 55 anos. O Carballiño