E se non fora un soño?

Martina Olmos Arias

RELATOS DE VERÁN

18 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

—Mamá, papá, porque a xente vai pola rúa coa cabeza agochada? Se non ven cara a onde van, tropezarán! -exclamaba Sandra—.

—Agarda cariño —respondeu o seu pai con impaciencia—, agora mesmo estamos ocupados.

—Como é que a xente prefire eses aparellos a falar coa xente? —pensaba Sandra desconcertada—.

Neste mundo, a xente apenas fala e a comunicación vai a través dese aparello electrónico. Sandra sabía que tiña que facer algo respecto a iso. Pensou en cal podería ser a clave para salvar a tódalas as persoas. Investigou moito: precisaba dunha idea espléndida. Por moitas voltas que lle daba, a moza non daba atopado a solución. Por un momento, pensou en renderse. De súpeto ocorréuselle a idea máis marabillosa do mundo.

Tiña que facerlle ver á xente tódolos recordos, experiencias e cousas bonitas que se estaban perdendo ao prestarlle toda a atención ao dixital, e así o fixo. Co tempo, a xente xa non camiñaba coa cabeza baixa, gozaban de actividades ao aire libre, lían moito máis, fortalecían as amizades e lazos coa xente. Sandra radiaba de felicidade. Lográrao?. Entre toda esa alegría, escoitouse algo que a interrompeu

—Pi pi pi pi! pi pi pi pi!—.

—Sandra! Esperta xa! —berráballe súa nai—.

—Que? Onde estou? —dixo ela somnolenta mentres revisaba o espertador—. As oito da mañá? Estou na miña casa... xa se solucionou todo?

Sandra levantouse dun salto da cama e correu tan rápido como puido á cociña.

—Mamá, papá!!! Conseguino!!

Ao chegar atopouse aos seus pais co móbil, a tablet e a televisión acesa.

—Pero mamá, non é que xa non existen eses aparellos e a xente xa non está posuída? Pensaba que o conseguira! —explicoulle con ansias á súa nai—.

—Pero que dis, Sandra? Aínda estás medio durmida? Prepárate, que tes que ir á escola —contestou a súa nai sen apartar a mirada do móbil. Sandra foi cara a súa habitación decepcionada—.

—Bueno, supoño que o soñei, pero espero que algún día o meu soño se faga realidade —pensou con ilusión—.

Martina Olmos Arias. 13 anos. Cangas do Morrazo