Cargar as tintas

Ramón Coira Luaces

RELATOS DE VERÁN

21 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non é recomendábel cargar as tintas nun parte, pois tampouco nos gusta cando se cargan as tintas nas denuncias. Hai que procurar respectar a verdade e esta non sempre concorda cos nosos intereses. Para comprendela non se debe facer só uso da razón, senón tamén da empatía; pois algo importante pode ficar agochado a unha ollada ou a unha análise fría. E estes detalles poden ter moita importancia. A paciencia é moi necesaria, porén non sempre soluciona todos os problemas... Neses casos, deixemos a tinta xusta no papel; nin de máis nin de menos. Non sempre é fácil e, ás veces, tamén é precisa bastante coraxe para facer o correcto; no en tanto non se poden reclamar dereitos e liberdades se non se respectan nos demais. Nunca carguedes as tintas de máis e evitaredes problemas e rancores.»

Elvira, a xurista, observou detidamente os rostros do alumnado da Academia e calou.

Estaba cansa despois de pelexar case toda unha vida polas súas crenzas e polos seus dereitos conculcados; porén tiña a conciencia bastante tranquila.