JOSE XAVIER BOM LA ENTREVISTA Xesús Asorey, secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura O mel galego xa está no mercado en presentacións como crema, ou misturado con pole e con xelea real. En breve haberá tamén mel con fariña de castañas ou con frutos secos. Para elaborar estes novos productos, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento concedeu unha axuda de case seis millons de pesetas á cooperativa compostelana Erica Mel. Xesús Asorey, secretario ténico da Asociación Galega de Apicultura, con responsabilidade neste proxecto, afirma que «cada vez o consumidor quere máis mel para untar».
25 oct 2000 . Actualizado a las 07:00 h.O proxecto de investigación aplicada ten prevista unha duración de dous anos. Xa está «avanzado», afirma Asorey. _¿Como conseguen os novos productos? _Unha das chaves é transformar o mel en frio. Así logramos un producto con menos humidade e con características axeitadas para untar en torradas ou noutros alimentos. _¿Por qué para untar? _Porque observamos que esa é a principal demanda do mercado. O consumidor prefire mel e outros alimentos que podan ter ese uso en lugar de mermeladas e semellantes, que hai tempo tiñan máis saída. _¿Qué responsta atinxen esas novas presentacións? _A grande maioría do mel galego é para consumo no país. Aquí é onde está a principal demanda, ainda que nós, recentemente, comezamos a exportar, ainda que pouco. _¿Como funciona o mel galego no mercado? _Competir é difícil, porque o prezo é mais caro. No entanto, observamos xente disposta a asumir esa diferencia a maiores, porque a calidade e o sabor son tamén moi superiores. En todo caso, a metado do mel galego é para autoconsumo e venda directa dos produtores; case outro tanto é para envasadoras e detallistas e só sobre un 5% vai para a industria.