CONCHA PINO A ENTREVISTA Carlos Magán, secretario técnico da Real Filharmonía de Galicia A música «é unha cuestión de talento, e na Real Filharmonía hai moito». Se esta condición se engade á xuventude dos intérpretes, Carlos Magan (Cuntis, 1967), o secretario técnico, non dubida en afirmar que a orquesta compostela «é aberta de mente e demostra ter a versatilidade que necesita unha formación musical moderna para dominar un repertorio variado e innovar». Peza clave na nova etapa da Filharmonía, asegura que coñecer ó noco director, Antoni a Ros Marbá «foi determinante para aceptar o posto».
09 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Carlos Magán completou a súa formación como músico nos conservatorios superiores de Vigo e Santiago cos de musicoloxía, licenciándose en Historia na Universidade de Santiago, e cun master de dous anos de xestión en artes escénicas, na Complutense de Madrid. Estivo vencellado á Filharmonía desde o ano 93. -¿Que fai un secretario técnico dunha orquesta? -As labores do personal non artístico dunha orquesta non están prefixadas. Cada unha elabora o seu organizagrama dacordo coas súas necesidades e medios. No noso caso somos poucos e estamos desbordados. A miña labor está vencellada á dirección artística, desenvolvendo o deseño da programación e coordenando ó equipo de profesionais. -¿A promoción é unha eiva pendente? -Queremos dala a coñecer dentro e fóra de Galicia. Esta temporada foi imposible entrar nos circuitos por talta de tempo, pero na que ven haberá novedades, entre elas a posibilidade, que se está negociando, de que a Filharmonía sexa a orquesta invitada permanente no festival Mozart de A Coruña, no que xa intervirá este ano co programa co que Ros Marbá pecha temporada no Auditorio. Non se pode improvisar, e traballamos xa para o 2003.