O compromiso de colaboración de Caixanova co programa Arte e identidade cultural , destinado a alumnos de secundaria de toda Galicia e desenvolvido entre outubro do 2001 e febreiro do 2002 de maneira conxunta polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, foi rubricado onte coa sinatura dun convenio polo que a entidade bancaria aportou 3.000 euros para financiar parte dos gastos da iniciativa, na que participaron 1.380 estudiantes de centros galegos. O director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, manifestou a satisfacción de colaborar cun que conecta coa liña de promoción cultural da entidade que dirixe, da que destacou a súa colección de arte galega. Os directores do Museo do Pobo e do CGAC, Carlos García Martínez e Miguel Fernández Cid, apostaron pola continuidade dun programa que busca a acción común e a conexión dos dous centros museísticos, co obxectivo de reflexionar sobre a reinterpretación contemporánea da tradición cultural.