A PRIORI | O |
08 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O TEATRO busca argumentos para seducir ós espectadores. Argumentos coñecidos ou argumentos novidosos. . Títeres Tanxarina. Sala Yago. 11 horas.Primeira sesión infantil da Feira. Unha historia de toda a vida abordada con música en directo e con monecos de látex. Rapazas que discuten coa súa nai, demos que seducen e un pato intelixente que liberará á familia da liorta. Xustiza infinita . Talía Teatro. Sala Yago. 17 horas.O texto de Cándido Pazó e a interpretación de Artur Trillo aproveitan os acontecementos do 11-S para contar algunhas das submisións que se asumen sen reflexionar sobre elas, como se descobre neste monólogo. Na obra planea a extensa sombra do amigo americano e as súas actitudes. Malicia . Eme2 produccións. Auditorio de Caixa Galicia. 18.30 horas.Dúas irmás cortadas por patróns diferentes, unha polo patrón burgués e outra non, expoñen con certo sentido do humor acedo as súas distintas posturas fronte á vida. Círculo . Teatro de Ningures. Salón Teatro. 20 horas.Ningures volve á obra narrativa de Suso de Toro para chamar polos espectadores. Despois de adaptar Tic-Tac , a compañía de Cangas recupera a a simboloxía do autor compostelano para abordar unha traxicomedia de historias circulares. Cyrano . Teatro Merdional. Teatro Principal. 23 horas.Cada adaptación de Teatro Meridional acaba por ser unha peza exquisita de entendemento e exposición do texto. De Italo Calvino a este Rostand, pasando pola biografía de Miguel Hernández, o punto de vista teatral da compañía opta sempre por poñer en valor aqueles aspectos máis interesantes da obra. Facendo teatro de xeito artesanal, esta versión do clásico francés foi aclamada no Festival de Teatro Clásico de Almagro, a pesar de estar montada con só catro actores. Estima . Pífano Teatro. Sala Nasa. 1 horas.Dúas mulleres esperan nun aeroporto. Falan entre elas das cousas normais nestas situacións cotiás, pero hai unha sorpresa final que cambiará o rumbo das cousas. Esta última montaxe de Pífano, sobre o texto de Xavier Picallo, varía os argumentos sobre os que tradicionalmente traballa esta compañía que ata agora estaba centrada sobre todo na comedia.