TRIBUNA | O |
25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.NO DERRADEIRO mes de 1981, o Concello de Santiago, goberando pola coalición UCD, AP-CD, pon a disposición de RTVE os terros municipais onde hoxe está o parque público Granxa do Xesto. Era un compromiso adquirido para instalar os novos estudios de RTVE en Galicia que, provisionalmente, estaban no Pazo de Raxoi. Nembargantes, este proxecto foise esquecendo na lexanía do tempo. Anos despois, algúns daqueles que se comprometeran públicamente trasladan o problema ó alcalde, Xerardo Estévez, ó mesmo tempo que se inicia unha campaña en contra do goberno municipal. Cabe recordar que dos cinco proxectados para as Comunidades Autónomas, só se logrou o de Galicia. Iniciamos os primeiros contactos cos máximos dirixentes do ente público en Madrid, encontrando boa acollida ó proxecto, sobre todo por parte do entreñable Emilio Fernández Fernández, director xerente da TVE naquela data. O equipo de goberno municipal comeza a tarefa de conquerir os terreos; houbo moitas zancadillas, estaban en xogo distintos intereses políticos, económicos, peroais. Afloran tamén de forma inevitable os localismos. Tres directores xerais xa pasaran polo ente público. Con estes precedentes chega Pilar Miró, quen promete e cumpre o compromiso coa cidade. Pilar sufriu unha implacable persecución pública, acoso e mentiras. Ogallá tódolos políticos, sexan da cor que sexan, poidan aprender a lección de honestidade e transparencia de Pilar, seguro estou de que gañarían en credibilidade. A Corporación Municipal de Santiago acordou que unha das novas rúas irá adicada a Pilar Miró. Decisión moi acertada, ó igual que tódalas demais denominacións. Para rematar esta sinxela homenaxe a Pilar Miró fago miñas as palabras de Máximo: «Por que tan pronto, Pilar».