Un acontecemento ocultado na época e descoñecido na actualidade

La Voz

SANTIAGO

21 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?s case noventa minutos de duración desta longamentraxe pretenden pór de manifesto un acontecemento que, pese a repercusión internacional que acadou no seu tempo, está agora case esquecido ou, cando menos, non é suficientemente coñecido. As dictaduras de Franco e Salazar ocultaron o incidente e o tempo pasado desde entón tampouco contribuiu a facelo coñecido, pese a atención que a literatura ten prestado ó feito, desde o propio Xosé Fernández Vázquez, máis coñecido como comandante Soutomaior, ata os libros de Miguel Bayón, Dominique Lapierre ou a obra de teatro escrita por Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto . A producción do documental tivo un custe aproximado de 300.000 euros, nunha coproducción na que participan a Televisión de Galicia, a productora Nós, xunto con Filmanova e productoras brasileiras, venezolanas e portuguesas. Ademais de Margarita Ledo, como guionista e directora do documental, participan no mesmo Rui Poças e Luis Abramo Campos na fotografía, e Manuel Rodeiro na música.