Sarabela representa «O héroe», de Manolo Rivas

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

31 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Sarabela Teatro presentará mañán e xoves no Teatro Principal o seu último espectáculo, O heroe , de Manolo Rivas, unha montaxe que xurdiu do encontro entre o traballo do grupo e o do autor, motivado dende que a compañía ourensá fixera a versión teatral de O Lapis do carpinteiro . O texto de Manolo Rivas naceu dun relato de As chamadas perdidas . Nesta obra, dirixida por Ánxeles Cuña, poderán verse representacións escénicas de espazos coñecidos como a a praza de María Pita, o xardín de San Carlos ou a festa dos Caneiros en Betanzos. Xosé A. Porto, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Nate Borrajo, Tito R. Asorey, Sabela Gago e Elena Seijo integran o elenco de O heroe .