A comisión de cultura da delegación compostelá dos arquitectos tamén organiza un ciclo de cine dedicado ás cidades, co criterio de amosar ate que punto as grandes urbes «interfiren e condicionan as nosas vidas».
O programa iníciase esta tarde e vaise desenvolver ate o día 5 na Aula de Cultura de Caixa Galicia, na Carreira do Conde, con dúas sesións diarias ás 20.20 e ás 22.30 horas, de acceso gratuíto.
Trátase dun ciclo no que se poderán ver oito películas de ficción e documentais de diferentes países de todo o mundo, que foron seleccionadas co propósito de promover a reflexión sobre o papel da cidade nas nosas vidas e a influencia da actividade humana na configuración de tipos de cidades diferentes.
O programa ábrese co documental Koyaanisqatsi , do realizador norteamericano Godfrey Reggi, que ofrece unha sucesión de imaxes sobre a historia do home e a progresiva dominación da tecnoloxía, acompañadas da música de Philip Glass. A segunda proxección desta primeira xornada, ás 22.30, é Manhattan . de Woody Allen.
Nos vindeiros días poderanse ver Suite Habana, de Fernando Pérez; O meu nome é Tsotsi , de Gavin Hood; Na cidade branca , de Alain Tanner; Os amantes de Pont Neuf , de Leos Carax; Paradise Now , de Hany Abu-Assad; e Cruzando a ponte: Os sons de Estambu l, de Fatih Akin.