14 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O xurado do XXI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro dá a coñecer hoxe o fallo do certame, nun acto que se celebrará na Casa da Cultura a partir das doce da mañá. O xurado desta edición, a que concorren un total de 33 traballos, está formado polos poetas Anxo Angueira, Xiana Arias, Neves Soutelo e Miro Villar, presidido polo alcalde Arturo Díaz e, como secretario, o concelleiro de Cultura Anxo Franco. Tras o fallo, os asistentes realizarán unha ofrenda floral a Eusebio Lorenzo Baleirón. O acto está fixado para o vindeiro domingo, 21 de decembro. Ademais, o próximo martes encéndese en Dodro o alumeado de Nadal, que vai ser personalizado e en propiedade do Concello, segundo informou o concelleiro nacionalista Anxo Franco.