Touro cansado

La Voz

SANTIAGO

«Urtain» represéntase no Teatro Principal de Santiago este xoves.

16 abr 2009 . Actualizado a las 19:27 h.

Non era Jake La Motta. Faltáballe pegada. Pero a súa derrota foi igual de grande. Faltáballe o glamour que os dólares poñen en case todas as fortunas. Pero foi famoso e, pese a ser basco, foi considerado un español importante.

Como en case todo, só vemos o que nos convén. Pensamos que os boxeadores están aí para dar golpes, pero en realidade están para levalos. Urtain levou moitos golpes. Incluso bos golpes. Pero calquera podería asegurar que levou moitos máis fóra das doce cordas nas que se movía con certa torpeza e con esa irreflexión que aínda hoxe recibe o nome de furia española.

A Urtain fixéronlle unha película titulada O rei da selva que tampouco tiña a épica afundida de Scorsese. Antes de ser boxeador levantaba pedras, pero seguro que era máis fácil mover o peso morto da materia que tentar sobrevivir nun espectáculo no que el era só a marioneta.