| Berrogüetto, O pulso da terra (Editorial Galaxia) é a biografía, asinada polo xornalista e crítico musical Fernando Neira, dun dos grupos que concita sen xénero de dúbidas unha das máis laureadas e singulares traxectorias dentro da música galega dos últimos tempos.
O libro, de 192 páxinas e que vén cun cedé e un deuvedé, permite seguir a viaxe persoal e artística dunha formación, a través tanto das palabras dos seus integrantes pasados e presentes, como de colaboradores e mecenas. Non só é un percorrido da nada ata hoxe, senón que plasma nunha amena crónica literaria a evolución dunha formación que ofreceu o seu primeiro directo no 1996 e que creceu ata o septeto actual, ao mesmo tempo que radiografa os grupos dos que partiron, revela antigos encontronazos no hit parade galaico e analiza os outros traballos paralelos dos seus integrantes. O libro ofrece bonus-track e permite saber a orixe das súas pezas e incluso, por medio dun cuestionario, as preferencias dos seus compoñentes.
LITERATURA MUSICAL