«Homenaxeamos o compromiso de Benedicto coa sociedade»

j. g. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO

05 jun 2014 . Actualizado a las 11:43 h.

Por volta das 19.00 horas, no auditorio do número 19 da Rúa do Vilar, o Ateneo de Santiago organiza o lanzamento público do libro Benedicto. Polo mar da liberdade. Principia así un recoñecemento a quen foi nome central do movemento da Nova Canción Galega e Voces Ceibes, alén de docente e sindicalista; que terá continuidade cun concerto o día 26. «Homenaxeamos o compromiso de Benedicto coa sociedade nos diferentes ámbitos da súa intervención, e o seu apoio ás liberdades e ás persoas máis desfavorecidas», afirma Ricardo Gurriarán, que coordinou este libro. Nas súas páxinas inclúe traballos de Emilio Pérez Touriño, Vicente Araguas, Jaime Barreiro Gil, Xerardo Estévez, Alonso Montero, Fermín Bouza, Arturo Reguera, García-Bodaño, Álvarez Areces, Domingo Villar, Bibiano, César Lombera, Suso de Toro, Arcadio López-Casanova, Xan María Castro, os portugueses Zélia Afonso, Francisco Fanhais, Jorge Letria, Manuel Freire, e ilustracións de Quintana Martelo e Paola García Paz, entre outros.