Homenaxe a Díaz Pardo o día 8

La Voz

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

A cita será no cemiterio de Boisaca

06 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • 12.30 horas • Cemiterio de Boisaca • Alocucións, poesía, música e unha ofrenda floral conformarán os actos da homenaxe a Isaac Díaz Pardo co motivo do seu quinto cabodano que se celebrarán este domingo no cemiterio de Boisaca.

O acto, conducido por Gregorio Ferreiro, arrancará cunha procesión ata a súa tumba, encabezada polo grupo de gaitas Os Catro de Vigo. Seguiralle un recital de Mateo Viéitez. A primeira parte desta homenaxe, organizada pola Academia Real Isaac Díaz Pardo, conformarana as alocucións de Guillermo Escrigas, Carlos Nuevo, Luis Pasín, Bernardo Penabade, Olivia Rodríguez, Xulia Santiso e André Varela. Despois, haberá poesía e recital con Carmen Blanco, Juan Carballo e Manolo Rivas.

A última parte da homenaxe arrancará con unha ofrenda floral, a cargo de Uxía Mourelle e David Ríos, ao que seguirán a solta de pombas. Da clausura encargarase Xesús Alonso Montero, que falará sobre que este ano se celebra o centenario de Evaristo de Sela. O peche será coa música de Ángeles Ruibal, Os Catro de Vigo e o dúo Mini e Mero.

Todos os textos que se lerán no acto publicaranse nun opúsculo con posterioridade.