
O Consello da Cultura Galega reuníu nunha mesa redonda a deportistas de renome para falar sobre a normalización lingüística
13 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Fala galego o deporte? Esa é a cuestión sobre a que onte e hoxe reflexionan na sede do Consello da Cultura Galega con ocasión do vinte aniversario dos Encontros para a Normalización Lingüística. O deporte foi o eido no que se centrou esa celebración pola súa rapidez en crear vencellos e símbolos, sinala o Consello da Cultura, que na primeira de estas xornadas contou coa aproximación e a propia experiencia que aportaron á cuestión nomes destacados do deporte galego. Nunha mesa redonda con Sergio Delpont, estiveron o campión de squash Borja Golán, o ciclista Ezequiel Mosquera, o gardameta do Celta, Sergio Álvarez, e a taekwondista Mercé Barrientos. foto xoán a. soler