Convocada a sexta edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro
26 abr 2018 . Actualizado a las 04:50 h.A lírica non morreu entre a xente nova. Mostra diso son os máis de 200 mozos de toda Galicia que enchouparon as súas plumas e envorcaron no papel as súas inquedanzas para concorrer á última edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro. E o certame busca, un ano máis, por sexta edición, os mellores versos de adolescentes que cursen educación secundaria ou bacharelato.
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentaron onte as bases da convocatoria, que distingue entre tres niveis: primeiro e segundo de ESO, terceiro e cuarto, e Bacharelato. As obras, han de ser en galego, orixinais e inéditas. A extensión máxima non debe exceder os 50 versos e poden presentarse ata o 25 de maio. O 1 de xuño o xurado dará a coñecer o seu fallo. Os gañadores recibirán un iPad e haberá dos accésits por categoría: o primeiro obterá un vale de 200 euros de El Corte Inglés e o segundo un de 100.