Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica: «Os adultos non coñecen ben os riscos da tecnoloxía e do xogo para os fillos»

joel gómez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

«Cando se fai unha boa prevención ten efectos positivos espectaculares», afirma

18 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Muchos videojuegos de éxito, o el juego en línea para menores, tienen un potencial adictivo por su inmediatez, explica Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica y portavoz del Movemento Galego de Saúde Mental: «As partidas son moi breves, a demora da gratificación por conseguir un éxito neses xogos é moi rápida e iso, xunto co atractivo que ten o Software, fai que xoguen unha partida tras outra e pasen moito tempo. Esa facilidade para conseguir o éxito e gañar é moi aditiva, porque todo é moi impulsivo, moi rápido, e engancha para continuar a partida. Se levase moito tempo conseguir o obxectivo non sería tan aditivo», sostiene. Esta especialista participó anoche en la inauguración de la segunda edición de Tempo da Psicoloxía, una iniciativa del Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. La primera sesión abordó el tema Do smartphone ao Fortnite: adiccións e tecnoloxías.

«A tecnoloxía non é mala en si mesma, ten moitas vantaxes cando se usa ben. No entorno escolar facilita a aprendizaxe, a procura de información, ou usos en forma lúdica. En xeral, a maioría dos adolescentes non van ter grandes problemas. Porén, hai un grupo máis vulnerable que si teñen nos videoxogos e nas casas de apostas un potencial perigo. Porque cando comezan a xogar, o mecanismo de publicidade, de ganancias, de oportunidades, fan que podan caer en condutas dependentes ou de risco», agrega.

Los casos que llegan a las consultas especializadas de psicología, tanto en la etapa infantojuvenil como en adultos, son escasos todavía: «A demanda de consultas para menores non supoñen unha gran preocupación neste momento, non hai nada que nos sorprenda especialmente e faga estar máis alerta. Acontece que o problema pode estar en parte oculto por outro tipo de demandas, como as queixas dos pais polo moito tempo que os fillos pasan no ordenador co consumo e uso abusivo de redes e videoxogos, ou no inicio do xogo patolóxico, en liña ou presencial. Probablemente moitos adultos non controlan a tecnoloxía como os seus fillos e fillas, e por iso non coñecen ben os riscos da tecnoloxía e do xogo para os fillos».

Rosa advierte de la existencia de videojuegos «moi elaborados e atractivos visualmente. Moitos deles son gratuítos para xogar, máis se queren avanzar teñen que comezar a pagar, a comprar unha serie de recursos; ou introducen xogos de azar, e non sempre existe suficiente consciencia deses perigos. O que é evidente é que desde moi nenos comezan a xogar; hai videoxogos moi aditivos para idades moi novas, como o Fortnite; e son coñecidos casos de escolares de ensino primario, que mesmo poden ter acceso a redes sociais non recomendadas para a súa idade, e non se evita, se non que se está permitindo que se faga ese uso».

Rosa Cerqueiro resalta que «a prevención é fundamental, e hai falta de recursos suficientes para que se faga ben. Cando se fai unha boa prevención, con equipos de profesionais estables e un orzamento axeitado, ten efectos positivos espectaculares. En saúde mental en xeral non se aposta pola prevención, só se actúa cando aparece o problema». Para avanzar en la prevención propone que haya especialistas de psicología en atención primaria «para atender precozmente menores en risco pola súa vulnerabilidade, e non se fai. Na infancia e na adolescencia a prevención é moi útil para parar as consecuencias e evitar máis problemas»; o también «especialistas de psicoloxía educativa nas escolas, e para prevención comunitaria».

Tempo da Psicoloxía continúa esta tarde, en Afundación, con una mesa redonda que modera la periodista Tamara Montero y en la que participan las psicólogas María José Fares y Patricia Gómez; con Rosa Arcos, de mujeres rurales; y Susana López Abella.