Tanxugueiras arrancan cun programa de encontros culturais a través da rede
SANTIAGO
O primeiro convidado será Carlos Barcia Trashorras, responsable dunha canle de Youtube sobre música e cultura tradicional galega
04 abr 2021 . Actualizado a las 22:36 h.Hoxe • En streaming • 21.00 horas • O novo espazo na rede de Tanxugueiras (Mira unha cousiña...) dá comezo hoxe para promover a difusión da cultura galega na Internet. O primeiro encontro virtual será con Carlos Barcia Trashorras, responsable de Cousxs, unha canle de Youtube temática sobre música e cultura tradicional galega. Barcia falará da súa experiencias nas redes, mais tamén do papel que xoga a creación popular nelas. Ademais de responsable desa canle, Barcia ten colaborado coas propias Tanxugueiras, así como con Samarúas, Dequenvessendo ou Cascarijazz.
Esta serie de encontros, que se poderán seguir de balde a través do perfil de Facebook de Tanxugueiras ou da súa páxina web, chegarán cada luns ás 21 horas. Para as seguintes conversas xa están confirmados outros convidados como a deseñadora gráfica téxtil Beatriz Soldán, a artesá Elena Ferro ou o bailarían e coreógrafo Fran Sieira.