O documental sobre Xela Arias, a Melide e Ordes

La Voz

SANTIAGO

xulio gil

O ciclo de proxeccións pasará por un total de vintesete concellos galegos

21 may 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

Un ciclo de proxeccións fará chegar o documental Xela Arias. Poeta nas marxes a 27 municipios galegos, entre os que se atopan Melide (o 12 de xuño) e Ordes (15 de outubro). A iniciativa forma parte da programación institucional coa que se conmemora o Día das Letras Galegas e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a importancia deste tipo de proxectos, cos que se estende a «festa da lingua galega» máis aló do 17 de maio.

O documental dirixido por Beatriz Pereira, duns 30 minutos de duración, conta coas testemuñas de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia para dar a coñecer a muller e poeta que foi elixida logo como homenaxeada pola Real Academia Galega neste 2021.