A narrativa cultural da diáspora, a debate en Santiago con Xesús Fraga e Anna R. Figueiredo
SANTIAGO
O Consello da Cultura Galega organiza a xornada, que tamén pode seguirse pola web
10 nov 2022 . Actualizado a las 04:55 h.Desde as 9.15 horas • Consello da Cultura Galega (Tamén a través da web) • O Consello da Cultura Galega organiza hoxe a xornada «Narrativas da nova diáspora galega», que ten como obxectivo explorar as manifestacións artísticas xurdidas arredor da vaga migratoria que se produciu a partir da crise económica do 2008. Entre os participantes atópanse os escritores Xesús Fraga e Anna R. Figueiredo, que se suman a investigadores de diferentes universidades europeas, como é o caso de David Miranda-Barreiro (Bangor University), Ana Garrido (Uniwersytet Warszawki) e Catherine Barbou (Trinity College Dublin). As actividades son polo mañá e pola tarde.