Dúas olladas musicais a Martín Códax no Gaiás

La Voz

SANTIAGO

M.MORALEJO

O sábado actuará o dúo formado por LaMontagne & PicoAmperio e o domingo será a quenda do pianista Borja Mariño

28 mar 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

A celebración do Día das Artes, este ano dedicado a Martín Códax, contará con dous concertos no Gaiás durante esta fin de semana. A homenaxe programada pola Xunta comeza o sábado, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Galicia, coa actuación de Laura LaMontagne & PicoAmperio, que actualizan con electrónica a lírica galego-portuguesa. Conségueno a través de sons futuristas e tecnolóxicos baseados no «trip hop» e moito «flow». A entrada é de balde, pero é necesario inscribirse na Cidade da Cultura.

Ao día seguinte, ás 12.00 horas, no auditorio do Edificio Fontán, será a quenda do pianista vigués Borja Mariño, que estreará a «Cantiga sagrada», baseada no sexto poema de Martín Códax. Contará coa voz da soprano Carolina Moncada. As entradas custan 5 euros.

Sábado día 1 • Biblioteca da Cidade da Cultura • 20.00 horas • Entrada de balde previa inscripción