O Consello da Cultura aborda este martes o acoso sexual

La Voz

SANTIAGO

CAPOTILLO

A xornada centrarase especialmente no mundo das artes escénicas

28 nov 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 10.00 horas • Consello da Cultura (Tamén pode seguirse en directo pola web da institución) • O Consello da Cultura Galega organiza este martes a xornada «Que é «si»? Sobre o acoso sexual» coa que pretende afondar nas diversas formas en que se manifesta este tipo de violencia. Estará centrada especialmente a presenza do acoso no mundo das artes escénicas.

A investigadora e pensadora feminista Clara Serra abrirá a cita abordando a noción de consentimento e as súas implicacións lexislativa. Seguiranlle a escritora Cristina Fallarás co relatorio «#Acabouse, a denuncia xeneralizada do acoso sexual», e Rosa Campos, directora do CIM de Pontevedra, que achegará o caso da campaña #PrimAcoso. Pola tarde intervirán as actrices Marta Pérez e Laura Míguez Escudero.