Organizan unha lectura ininterrumpida da obra de Nélida Piñón en maio en Santiago e Río de Janeiro
SANTIAGO
![Nélida Piñón, nun encontro literario en Santiago](https://img.lavdg.com/sc/5AE89onZwjsy5QEoEYUx-t2k7j4=/480x/2024/03/16/00121710620461636443794/Foto/I04O6054.jpg)
A actividade, impulsada por Agal, será os días 3 e 4 de maio en homenaxe a autora
18 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A Associaçom Galega da Língua (Agal) organiza unha homenaxe á escritora Nélida Piñón cunha lectura pública continuada da súa obra «A república dos soños» os días 3 e 4 de maio. Esta actividade conta tamén coa coorganización da Academia Brasileira das Letras, xa que a lectura comezará en Río de Janeiro o día 3 e continuará en Santiago, na Cidade da Cultura, ata o día 4.
Para participar nesta homenaxe e na lectura, que coincidirá coa data de nacemento de Nélida Piñón —3 de maio—, desde Agal abriron o prazo de inscrición. Pódese reservar hora e tamén enviar vídeos, que serán emitidos entre ás 24 e as 10 horas do día 4 de maio.