Xurxo Souto presentará o seu libro «Somos un pobo de artistas»
20 sep 2024 . Actualizado a las 11:26 h.28 de setembro • Manselle (Dodro) • Gratuíto • O Festivalo 24, evento que se celebra en Dodro e que naceu con vocación de pór en valor e gozar a música contemporánea e tradicional en galego, sobre todo da comarca do Sar, xa ten cartel pechado. A cita é o sábado 28, e comezará co pasarrúas por Manselle da agrupación folclórica Foliada do Montiño. Despois, Xurxo Souto presentará o seu libro Somos un pobo de artistas, o método Luísa Villalta. A música regresará co grupo Satenta, os reis do punk do Baixo Ulla; Maruxa e Coralia, e Dj e produtoras musicais, que pincharán sobre 22 horas. Para cerrar o festival actuará a formación local Pecha a Cansela.
Este ano, o Festivalo 24 contará con dous escenarios, un principal para os grupos de rock e outro máis pequeno chamado Sernanselle, onde se realizará a presentación do libro de Xurxo Souto, a actuación das Djs Maruxa e Coralia e calquera outra sorpresa que poida haber.