Os cineastas Juanjo Castro, coa estrea de «7291», e Paulo Carneiro participarán este domingo en Cineuropa
SANTIAGO
O festival programa hoxe catorce proxeccións
10 nov 2024 . Actualizado a las 04:55 h.Ata catorce propostas distintas programa hoxe o festival Cineuropa. Entre elas destaca a estrea mundial do documental «7291», que está dirixido por Juanjo Castro e pon o foco nas mortes das residencias de maiores de Madrid durante a pandemia da covid. A cita será ás 17.30 horas no Salón Teatro e o director participará tamén no coloquio posterior.
Non será o único cineasta presente no primeiro domingo do festival. Ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia, proxectarase «A savana e a montanha», un documental híbrido que captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa que queren construír a poucos metros das súas casas. Paulo Carneiro asistirá ao un coloquio. Tamén acudirán os directores das curtas galegas que se proxectarán a partir das 18 horas en Numax: Sabela Eiriz, Miguel Barcia e Alberte Pagán.