As actividades do Día da Ilustración tamén chegarán á Biblioteca Ánxel Casal
24 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A mostra «Xosé Vizoso: o neno que debuxou un cabalo», na Biblioteca de Galicia no Gaiás, será a peza central da programación deseñada pola Xunta para conmemorar o Día da Ilustración, que está dedicado a Xosé Vizoso. Será inaugurada o día 30 e permanecerá aberta ata o 12 de maio. Tamén na Cidade da Cultura se celebrarán obradoiros os días 1 e 15 de febreiro.
Pola súa banda, a Biblioteca Ánxel Casal acollerá mañá unha sesión de contacontos; os días 28 e 29, obradoiros; e o día 30 actuará Pakolas. Ademais, ata o día 28 de febreiro poderase ver a mostra bibliográfica sobre humor gráfico en Galicia. A programación foi presentada onte nun acto neste espazo polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outros.