Lina Rodrigues encherá de fado e poesía o Auditorio de Galicia

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

O ciclo Música C bota a andar en Compostela co concerto da cantora portuguesa «Fado Camões»

26 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Sábado, día 1 • Auditorio de Galicia • 20.30 horas • 14 euros (sen desconto) • O ciclo Música C bota a andar en Compostela cun concerto que encherá de fado e poesía o Auditorio de Galicia. A cantora portuguesa Lina Rodrigues interpretará «Fado Camões», unha aproximación musical a un dos grandes autores da literatura universal. A voz emotiva da fadista, a guitarra, o piano, sintetizadores, violín e percusión electrónica uniranse neste espectáculo impulsado por Compostela Cultura.