Profundan na faceta xornalística de Neira Vilas

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O catedrático de Xornalismo Xosé López xunto ao presidente da fundación do autor estiveron en Os Luns do Ateneo

04 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Ademais de autor de obras que traspasaron fronteiras, como é o caso de «Memorias dun neno labrego», Xosé Neira Vilas deixou pegada no eido xornalístico. Unha faciana na que profundou onte o catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago Xosé López, que ademais é o autor do prólogo da reedición de «Galegos no Golfo de México» (Galaxia). Nesta publicación recóllense reportaxes do escritor de Vila de Cruces sobre mariñeiros galegos na Habana. Están consideradas unha mostra temperá do novo xornalismo galego.

Nesta charla, que estivo enmarcada no ciclo de Os Luns do Ateneo, tamén interveu o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo.