
Foi presentada onte en Santiago e inclúe propostas interactivas
27 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.O Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS) acaba de publicar unha guía didáctica que ten por obxectivo achegar á rapazada de maneira divulgativa a actividade do Seminario de Estudos Galegos. A obra, con cerca dun cento de páxinas, está editada pola editorial CSIC e conto co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. Está orientada para os cursos finais de Educación Primaria e a ESO. A publicación, que conta con 500 exemplares ao que hai que unir a posibilidade de acceder a ela a través de internet, inclúe tamén xogos e propostas interactivas. Os autores son María Rivo e Miguel García con ilustracións de Patricia Díaz.