Mulleres que moveron os marcos

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

A USC abre un amplo e reivindicativo programa de actos polo 8M cunha mostra no Colexio de Fonseca sobre oito mulleres pioneiras nos seus ámbitos

05 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira da que se ten noticia; Maruxa Villanueva, actriz, cantante e emprendedora teatral: Elisa Patiño, primeira aviadora galega e unha das primeiras de Europa; María Wonenburger, investigadora en álxebra e primeira muller española que obtivo unha bolsa Fullbright; María Luz Morales, primeira directora dun xornal en España; Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico; Concepción Pérez Iglesias, mestra e primeira alcaldesa de Galicia, e unha das primeiras de España: e María Barbeito, educadora que achegou precozmente a Galicia as teorías pedagóxicas máis modernas. Son as «8 mulleres galegas que moveron os marcos», título da exposición organizada pola Biblioteca Universitaria que foi inaugurada onte no claustro alto do Colexio de Fonseca. Con esta mostra a USC abre un programa de actos reivindicativos para conmemorar o 8M, que se espallarán por todos os centros e que desembocarán no acto institucional central do próximo luns.