O Gaiás ofrece sesións nocturnas con música e petiscos

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A celebración do Día dos Museos deixa distintas propostas en Santiago

17 may 2025 . Actualizado a las 08:19 h.

A conmemoración do Día dos Museos chega cunha proposta de pasar a noite no Gaiás. Así, das 20.00 ás 23.00 horas, o público poderá participar nas sesións nocturnas das experiencias inmersivas «Galiverso» e «Orixes», así como nunha visita especial á exposición dedicada a Rafael Úbeda. Todo iso acompañarase da música dun disc-jóckey e coa degustación de petiscos.

O Museo das Peregrinacións programou para hoxe dous obradoiros. Un a partir das 10.30 horas dedicado á construción de pandeiretas, para maiores de 14 anos, e outro desde as 11.30 horas centrado na cerámica como homenaxe a Isaac Díaz Pardo. No CGAC tamén se celebrarán durante toda a fin de semana obradoiros. Para todos estes cursos é precisa a inscrición previa. Nos tres museos pertencentes á Xunta as propostas continuarán mañá, que é o día da efeméride deste tipo de institucións.

Pola súa banda, a Catedral de Santiago programou unha visita guiada á Colexiata do Sar a partir das 11.00. É preciso anotarse.