Noa Pérez gaña o certame poético Rosalía de Castro

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

A súa obra, «Pequeno panteón politeísta», foi elixida entre os 39 traballos presentados

18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora viguesa Noa Pérez González foi a gañadora da undécima edición do Certame Poético Rosalía de Castro, que convoca o Concello de Padrón. A súa obra titulada «Pequeno panteón politeísta», presentada baixo o lema Gato de Cheshire, foi elixida entre os 39 traballos presentados. O xurado do certame, reunido no Concello, destacou da obra gañadora «a forza de certas imaxes, o humor, a ironía coa que reflexiona sobre lembranzas da súa infancia e a frescura coa que aborda a súa xeografía sentimental». Noa Pérez asegura que escribir este libro foi para ela «un reto persoal por tentar transformar en poesía certos acontecementos da infancia, capturar instantes do pasado». Como gañadora do concurso, recibirá un premio de 1.500 euros e a publicación da obra.