Acento reunirá a Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro o día 21 en Santiago

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O festival, con entrada gratuita, está organizado pola Fundación SGAE con motivo do Día da Música

22 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O festival Acento, organizado pola Fundación SGAE polo Día da Música, poñerá nesta edición a ollada nas sonoridades urbanas na escena musical galega. O vindeiro 21 de xuño, a partir das 20.30 horas, reunirá na terraza da SGAE (parque Vista Alegre) ao dúo compostelán Boyanka Kostova, á brasileira-viguesa Lua de Santana e ao rimador 9Louro, de Muros.

O festival, con entrada gratuíta, comezará cun dos novos nomes da música urbana galega, 9Louro, que chega co seu primeiro álbum «Nove noves». Despois, ás 21.45 horas, será a quenda de Lua de Santana, nacida en Bahía (Brasil) e criada en Vigo, que cantou con Naty Peluso e Recycled J. Fai parada en Santiago despois de pasar polo Sónar en Lisboa e Barcelona. O colofón, a partir das 23 horas, póñeno os pioneiros do trap galego, o dúo formado por Chicho do Funk (Ortiga) e Cibrán García. Boyanka Kostova chegará con «Foliada no inferno».