
En Portugal a vencdora foi Cátia Cardosa
25 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A escritora, poeta, actriz e presentadora de televisión Elba Pedrosa foi a gañadora do premio aRi[t]mar á Mellor Poesía do ano 2024 en Galicia co poema «Onde imos agora», segundo a votación popular. Seguíronlle María Lado, con «Facer o mel», e Neves Rodríguez, con «Descenso a rolos». Pola súa banda, na categoría de Portugal deste certame organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, a gañadora foi Cátia Cardosa con «Não sei voar mas tenho». Seguíronlle Ricardo Gil Soeiro e Filipa Leal. Deste xeito, Pedrosa e Cardoso únense a Mondra e Diogo Piçarra, autores das mellores músicas.