O CCG aborda a figura e o legado de Isaac Díaz Pardo

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O Consello da Cultura Galega retoma o acto que estaba programado para o día do apagón

26 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

16.45 • Consello da Cultura Galega • Acceso libre • O Consello da Cultura Galega retoma hoxe a xornada programada para o pasado 28 de abril, o día do apagón, «Isaac Díaz Pardo. Azul Compostela», na que catro persoas moi vinculadas ao intelectual galeguista ofrecerán visións complementarias sobre a súa figura e a relación que Díaz Pardo tivo con Compostela. A sesión, coordinada por Silvia García e Eduardo Valiña, que se emitirá pola web do CCG e súa canle en Youtube, comeza coa proxección de «As miradas de Isaac», que ofrece un relato en primeira persoa da vida e obra do creador de Sargadelos. A xornada continuará con relatorios de Begoña Soneira, María Díaz e María América. Ao seu remate haberá un debate ao que se suman Eduardo Valiña e Silvia García, coordinadores desta xornada, organizada co gallo do recoñecemento a Isaac Díaz Pardo polo Día das Artes Galegas.