
A actividade forma parte da mostra conmemorativa dos 30 anos de filmes do director compostelán
31 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.12 horas • Zona C • No marco da mostra «Nunca deixará de chover no meu cinema. 30 anos de filmes de Zarauza», a Zona C acollerá unha lectura de textos e poemas do cineasta, moitos deles inéditos, cos que achegarse a outra faceta creativa do cineasta compostelán. Ademais do propio Zarauza, participará na lectura o actor Adrián Ríos.