A AELG premia a Xosé Manuel Beiras coa Letra E polas súas achegas á lingua galega
SANTIAGO / LA VOZ
SANTIAGO

Será no parque de Galeras, onde se descubrirá un monolito
12 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá este sábado a Xosé Manuel Beiras coa Letra E, que destaca a figuras insignes das letras galegas. O acto comezará ás 11.30 horas no parque de Galeras, onde se descubrirá un monólito e se plantará unha árbore, neste caso un teixo, escollido polo propio autor. Intervirán a rexedora, Goretti Sanmartín; o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez; e Xosé Manuel Beiras. A entrega da Letra E celebrarase, ás 12.30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), onde se lle fará entrega da peza escultórica, que foi elaborada por Silverio Rivas.