
A actividade xirará en torno a ensaios seleccionados de autores galegos e internacionais
14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación Cultural Casino de Santiago co apoio da Consellería de Educación e Universidade e coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua presentou unha nova actividade que leva por nome «Encontros en Compostela de reflexión e pensamento». Con esta actividade, segundo Ubaldo Rueda, pretenden desenvolver un espazo de reflexión aberto ao mundo e facer de Compostela un punto de referencia no marco da educación e da cultura. No acto estiveron presentes o director xeral de Centros e de Recursos Humanos da Consellería de Educación, Xesús Manuel Bértolo; e o Secretario Xeral da Lingua, Valentín García. Estiveron tamén presentes o presidente de «Comercio punto compostela», José Antonio Seijas, e os directores de institutos de Santiago Xavier Dapena, do IES Pontepedriña e coorganizador deste proxecto; Gemma Paredes, directora do IES Rosalía de Castro; e Aníbal García, do IES de Sar. Os autores dos ensaios seleccionados foron presentados por Laura Lorenzo, Lois Caeiro, Maribel Martín, Fernando Salgado, Xesús F. Sulleiro e Ubaldo Rueda. Os autores seleccionados para os primeiros encontros foron: Timothy Garton Ash, por «Europa: Una historia personal»; J.D. Nasio, por «La depresión es la pérdida de una ilusión»; Yolanda Castaña,por«Economía e Poesía»; Tereixa Constenla, por «Abril é un país»; Enric Juliana, por «España, el pacto y la furia»; y Manuela Carmena, por «Imaginar la vida: Cuatro décadas formando lo público».