Fotos de premio no Museo do Pobo co certame Luís Ksado

La Voz

SANTIAGO

O Museo do Pobo acolleu a inauguración da mostra do premio Luís Ksado de fotografía
O Museo do Pobo acolleu a inauguración da mostra do premio Luís Ksado de fotografía Sandra Alonso

Á mostra da serie gañadora e as finalistas, engadiráselle este xoves unha homenaxe ao fotógrafo Tino Martínez

02 oct 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo acolle a exposición das fotografías gañadoras e finalistas da 19.ª edición do premio internacional Luís Ksado organizado pola Deputación.

A serie vencedora foi «I gotta change», de Juan de la Quintana, pola súa aproximación á saúde mental. Pola súa banda, «L’horta sud», de Óscar Corral, que aborda os efectos da dana, obtivo a mención de honra. Tamén se amosan os traballos finalistas de Raquel López Pajares, Miguel Muñiz, Carlos Folgoso e Stephane Lutier. A mostra foi inaugurada onte e poderá visitarse ata final de mes.

As actividades en torno ao galardón en Santiago continuarán hoxe xoves coa homenaxe ao fotógrafo histórico Tino Martínez. Celebrarase a partir das 19 horas no Museo do Pobo.