Participarán, entre outros, Carmen Dalmau e Margarita Ledo
26 nov 2025 . Actualizado a las 04:50 h.Desde as 10.30 horas • Consello da Cultura Galega (Tamén pode seguirse por internet) • O Consello da Cultura programa con motivo do 25N a xornada «Fotografía e feminismos». Para iso contará coa presenza de Carmen Dalmau, que abordará as grandes mulleres fotógrafas españolas. Despois, intervirán Ánxela Caramés, Carlos Castelao e Olaia Sendón. Tamén participarán Silvia Omedes, Andrea Costas, Alba Díaz e Margarita Ledo.